Site icon Crónica3.com A Mariña

Boa actuación do padexeiro focense Xoel Docal este domingo no Campionato Galego de Pista celebrado en Berducido

O deportista que ten a súa residencia en Barcelona por motivos laborais, realizou un excelente campionato ao alcanzar finais en todas as probas nas que participou, quedando sétimo no K1 1000, a piques de alcanzar a medalla de bronce no K2 500 que perderon por 0.08 segundos co seu compañeiro Albert Liberal, e por fin, o terceiro posto no K4 500 xunto cos seus compañeiros Javito, Marcos e Diego.

Exit mobile version