Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou nos coles o conto “A Super_Acción de Mauricio” da Asociación Saúde Mental A Mariña

A Mariña, 7 de xuño, 200. Este luns comezou no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo a compartir nos coles o conto “A SUPER_ACCIÓN DE MAURICIO” da Asociación Saúde Mental A Mariña.

A elaboración deste conto pertence ó Proxecto “Sabores do mar, saboreando a vida”, que pretende mellorar e innovar na atención das persoas con enfermidade mental e contribuír á súa integración na comunidade poñendo en valor os produtos mariñeiros, así como sensibilizar á poboación sobre os mesmos. E que mellor maneira que facelo elaborando un conto creado na súa totalidade por persoas con enfermidade mental (guión, ilustracións,…) contando unha historia na que se ven reflectidos e dan a coñecer como se senten.

Por tanto, conto convertido en ferramenta educativa coa que achegar aos máis pequen@s a realidade das persoas que sofren a enfermidade mental.

Cinco serán os centros educativos nos que diversos usuarios da Asociación acompañados por Lucas Requejo lles leerán o conto, conversarán con eles sobre cómo se fixo o conto, que é a enfermidade mental, a saúde mental, que hábitos son preventivos, que diferencias hai entre psiquiatría e psicoloxía, cales son esos síntomas e como as viven en primeira persoa.

A folla de ruta polos coles neste curso escolar é a que segue:
10/06/22 en CERVO no CEIP PENÍNSULA DA PAZ DE SAN CIBRAO e no CEIP de CERVO
para o alumnado de 1º e 2º curso
13/06/22 en BURELA nos CEIP VIRXE DO CARME eCEIP VISTA ALEGRE tamén para o
alumnado de 1º e 2º curso

Exit mobile version