Site icon Crónica3.com A Mariña

Contundente vitoria do Pescados Rubén Burela 2-7 ante CD Leganés

Burela, 4 de xuño, 2022. Vitoria aplastante do Pescados Rubén Burela 2-7 ante CD Leganés, no que significa o seu segundo partido consecutivo gando. As guerreiras seguen acumulando boas sensacións e resultados positivos para encarar o inminente play off de liga.

Na primeira parte do encontro o equipo local ía aguantar bastante as acometidas das laranxas, pero aínda así lograron irse cunha vantaxe de 3-0 ao descanso a base de dominio. Primeiro anotaba Peque no minuto 5 de xogo para abrir o marcador, tras un saque de esquina, e un minuto despois faríao Ale de Paz. Non ía ser ata o último minuto de xogo da primeira parte no que as guerreiras ían anotar o terceiro, por mediación de Irene Samper con asistencia de Elenita tras unha xogada individual.

A segunda parte foi un festival de goles, pois se chegarían a anotar seis máis. No minuto 25, cando o Leganés estaba a rozar o gol, Dany poñía o cuarto despois dun roubo á porteira local na liña de gol. Seguía aumentando a súa vantaxe o Burela esta vez de lanzamento de penalti materializado por Ale de Paz e poñer o cinco cero. A partir deste intre, o partido tornouse unha tolemia pois Leganés recortaría distancia por partida dobre nun minuto, primeiro con Guti co peito e a continuación con Patri tras xogada ensaiada de falta.

Nos últimos minutos o partido ía ser igual, dominio do Burela e seguindo aumentando a súa renda. Primeiro faríao Lara Balseiro cun golazo desde o seu campo, e por último Elenita convertería o definitivo 2-7 no marcador.

Ficha técnica
CD Leganés: Miriam; Guti, Patry Montilla, Puche y Orive (quinteto inicial). También jugaron, Chuli, Patri Blázquez, Paula Molano, Pipi y Alba.
Pescados Rubén Burela: Sandra, Elena Aragón, Cilene ,Irene Samper, -Cinco inicial- Jenny, Lara Balseiro , Elenita, Bea Mateos, Ale De Paz, Dany, Emilly y Jozi

Goles: Min 5 Peque 0-1; Min 6 Ale de Paz 0-2; Min 19 Irene Samper 0-3; Min 25 Dany 0-4; Min 31 Ale de Paz 0-5; Min 31 Guti 1-5; Min 32 Patri 2-5, Min 32 Lara Balseiro , Min 37 Elenita 2-7
Equipo arbitral: Gutierrez Muñoz, Noelia Árbitro Fútbol Sala: Moreno Duran, Jorge Sanchez Bombin, Ana Fernandez Cardenas, David .
Incidencias: Partido correspondiente á xornada 29 de Primera División RFEF, disputado no el pavillón La Fortuna.

Exit mobile version