Site icon Crónica3.com A Mariña

Leticia Martín Cortés non seguirá no Pescados Rubén Burela FS

Burela, 28 de xuño, 2022. Hoxe dicimos ata pronto a Leticia M. Cortés, quen se uniu ao Pescados Rubén Burela FS hai dúas tempadas, demostrando desde entón un rendemento altísimo na pista.

Durante os dous anos que estivo presente na plantilla do Clube, Leti Cortés entregouse por completo no seu posto como á-peche, dando moito xogo en equipo e apoiando nos momentos máis duros. Este traballo constante traduciuse en grandes éxitos, sendo partícipe de lograr case todos os títulos que se podían disputar, entre elas as 2 Supercopas de España, as 2 Copas de S.M. A Raíña ou a vitoria do equipo na Futsal WEC onde as Guerreiras Laranxas fixéronse co título de campioas a nivel europeo.

Ademais de mostrar o seu talento na pista, Leti deu o mellor de si mesma deseñando algunhas das camisetas para o club. Importantes mensaxes de apoio, deseños fascinantes e, por suposto, a esencia do equipo.

Leticia sempre deu o máximo na pista e desde o club agradecemos todo o seu esforzo e apoio ao longo destas tempadas. Desexámoslle o mellor no seu futuro así como que siga crecendo e dándoo todo nos seus próximos proxectos.

Exit mobile version