Site icon Crónica3.com A Mariña

Mari Luz San Martín do Egovarros-Viveiro, gran triundafora no campionato de España de veteráns de pista ó aire libre

Viveiro, 19 de xuño, 2022. O campionato de España de pista ó aire libre celebrouse na localidade de Arona (Tenerife), cunha destacadísima participación de atletas que representaron á maioria do clubes nacionais.

Todos os atletas participantes tiñan que ter realizado na tempada as súas marcas mínimas para poder participar neste campionato de España.

O C.D.Egovarros-Viveiro estivo representado por Mari Luz San Martin, a gran triunfadora. Os atletas podían participar nun máximo de 3 probas. Mari Luz participou en tres probas resultando campoona de España nos 200 metros, na categoría de W70, cun tempo de 31.80, batindo o record do campionato. Nos 400 metros obtivo outra medalla de ouro facendo un tempo de 01:34:20 e tamén conseguiu a medalla de plata nos 100 metros, cun tempo de 18.41.

A vindeira proba na que estará representado o C.D.Egovarros-Viveiro será no campionato de Galicia de milla en ruta.

Exit mobile version