Site icon Crónica3.com A Mariña

Musiqueando polas parroquias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará o 28 de xuño a Piñeira

Ribadeo, 24 de xuño de 2022. Musiqueando polas parroquias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará o 28 de xuño a Piñeira.

Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Piñeira o martes, 28 de xuño, ás 19:00 horas no Teleclub, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca.

Farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.

Este curso será o terceiro ano no que este programa se leva a cabo, polo que xa está incorporado dentro da programación anual do centro.

García engadiu que “esta actuación porá fin ao curso escolar, polo que aproveitamos a ocasión para agradecer a toda a comunidade educativa e á Concellaría de Ensino a súa implicación coa EMMeD”.

Exit mobile version