Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG afirma que as festas parroquiais marcan o único mantemento de estradas programado de Viveiro

Viveiro, 21 de xuño, 2022. Así foi a denuncia que realizou Míriam Bermúdez no pleno, sendo o único programa e calendario que ten o equipo de Loureiro para o mantemento das estradas: “as festas e festexos parroquiais. Cando hai unha festa na parroquia alí vai o Concello”, sendo este o único momento no que se cumplen os mantementos das estradas, polo menos de roce nas marxes.

Míriam Bermúdez volve reincidir de que só funciona a denuncia pública para que apareza o equipo de goberno a facer os mantementos mínimos que necesitan as estradas, “máis áxilmente si esta denuncia se fai vía redes sociais ou prensa, pois á alcaldesa parece que lle chega antes a información por estemedio que polo Rexistro Municipal.”

Míriam incide en que “é imposible xestionar ben os cartos públicos sen un mínimo de planificación, é imposible xestionar ben os mantementos das estradas sen traballos programados e estruturados que se sustenten cun Plan de Mantemento de Estradas, como o que xa presentamos no seu día e desbotou Loureiro. Por que rechazan un Plan que é unha necesidade para Viveiro?”.

Para finalizar, Jesús Fdez Cal, tentou xustificar ao equipo de goberno destacando a “ardua” tarefa que está a desenvolver mandando aplicar asfalto en frío, a paladas nas fochancas, como un traballo eficaz e exemplar.

Exit mobile version