Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela lamentan os indicentes provocados estes mércores pola choiva e urxe a concello e Xunta a poñerse a traballar polos problemas derivados da EDAR

Burela, 2 de xuño, 2022. Chove sobre mollado en Burela, nunca mellor dito, sobre os problemas que xeran as carencias da actual EDAR. Para o voceiro do BNG, Mario Pillado, “é urxente solucionar este problema, sabemos dende fai moito tempo que a actual instalación está superada e obsoleta, levamos moitos anos pedindo a construcción da nova EDAR pero semella que quen ten que traballar nese ámbito non ten tanta présa. O que aconteceu onte, con inundacións e mesmo un accidente de tráfico, é inadmisible e inaceptable. Qué mais ten que acontecer para que se axilicen os trámites e se leve a cabo a construcción da nova EDAR?”.

Continuou Pillado dicindo que “levamos anos esperando a que Augas de Galicia aporte solucións pero todo o proceso avanza moi lentamente, tanto que xa imos con dous mandatos de retraso. O concello de Burela ten que ter capacidade para chegar a acordos coa Xunta de Galiza, como podemos comprobar que se acadan noutros concellos veciños”.

O PSOE e o PP cúlpanse mutuamente sen chegar a ningunha solución para a vila

O voceiro nacionalista quixo incidir en que “a Xunta de Galiza, mediante Augas de Galicia que é quen ten as competencias, culpa a Costas dos retrasos nesta obra, para botar balóns fora. En lugar de traballar conxuntamente como é obriga das admistracións públicas, o único que fan e esquivar responsabilidades e fomentar a lea bipartidista de sempre entre PP e PSOE. Non lles importan nada nin a veciñanza de Burela nin os serios problemas medioambientais e de seguridade que se derivan do estado da EDAR”.

Neste sentido, Mario Pillado avanzou que “no pleno deste xoves imos propoñer un gran acordo entre Concello de Burela, Augas de Gacia e Dirección Xeral de Costas para que dunha vez por todas poñan unha solución para a veciñanza de Burela.

Para finalizar, os nacionalistas din que “o primeiro agora é que as administracións se fagan cargo das perdas que teñan os afectados na medida que lle corresponda a cada unha delas”.

Exit mobile version