Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG e a veciñanza de Campo de Verdes urxen no pleno o ensanche do seu vial

Viveiro, 17 de xuño, 2022. A veciñanza de Campo de Verdes levou a este pleno de xuño, xunto coa concelleira Míriam Bermúdez, a urxencia de ensanchar o vial que vai cara as súas vivendas. Estas veciñas e veciños viven con preocupación, acumulando sustos, coñecedores de que o acceso ás súas vivendas impide o paso de camións de bombeiros e ambulancias medicalizadas, entre outros servizos públicos vitais e necesarios.

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, plantexaba xa en abril cando defendeu á veciñanza da Misericordia, si era posible a modificación puntual das normas urbanísticas actuais para poder abrir novos pasos ou ensanchar os existentes. A resposta que se lle deu por parte do goberno de María Loureiro, foi que non era posible unha modificación e que habería que agardar á aprobación do PXOM.

Míriam Bermúdez, indica que “a realidade é que levamos agardando pola aprobación do PXOM 11 anos e o mes pasado coñecíamos outro novo atranco, xa que o informe sectorial da AXI veu denegado, o que suporá un novo atraso considerable no tempo co consecuente risco de perder outros informes sectoriais que están preto de caducar. Consideramos que agardar pola aprobación do PXOM non é unha opción.”

Míriam Bermúdez propón “solicitar unha modificación puntual das normas ubanísticas, que permitiría ensanchar e actuar neste viais sen o PXOM aprobado”, e explicao referíndose a que “no pleno do 9 de xullo de 2009, aprobouse solicitar unha serie de modificacións nas normas que permitían unha maior capacidade construtiva. Esa proposta do pleno elaborada polo técnico municipal, aprobouse por unanimidade e foi traslada á Xunta de Galiza quen en apenas 1 ano, a facía efectiva coa aprobación no DOG do Decreto 89/2019, do 3 de xuño polo que se modifica a ordenación provisional.

Tras estas aclaracións de Míriam Bermúdez no pleno, María Loureiro virou o discurso de “non se pode sen o PXOM” a “estamos pendentes dos informes favorables de Augas de Galiza para poder facer un retranqueo do muro que impide o paso”.

Vista a pouca seriedade no asunto, Míriam requireu a Loureiro que compartise a documentación relacionada con esta actuación, da que en teoría depende agora de Augas de Galiza, “consideramos que é unha situación de máxima urxencia e require a atención e o esforzo necesario para acadar unha saída.”

Na sesión plenaria, Míriam Bermúdez solicitou á alcaldesa en reiteradas ocasións, dar a palabra á veciñanza de Campo de Verdes ali presentes no pleno para que contasen de primeira man a gravidade da situación e expresar o seu malestar, proposta que rechazou María Loureiro provocando a indignación da veciñanza que abandonaba o pleno na segunda ocasión que a súa palabra lle foi negada. En anteriores ocasións a alcaldesa si permiteu as intervencións do público.

Exit mobile version