Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG mostra o seu apoio ás traballadoras da conserveira Albo en Celeiro e solicita da Xunta a súa implicación para manter a actividade

Celeiro, luns 27 de xuño 2022. Unha representación do Bloque Nacionalista Galego acompañou hoxe ás traballadoras da Conserveira Albo en Celeiro na manifestación que discorreu desde a fábrica ata a estatua de homenaxe á Xente do Mar. A portavoz municipal Miriam Bermúdez, o responsable comarcal Antonio Veiga e o deputado mariñao Daniel Castro entrevistáronse coas traballadora e Castro avanzou a presentación dunha iniciativa no Parlamento para instar á Xunta a implicarse neste problema para atopar solucións.

Para o Bng a mobilidade xeográfica que propón a empresa non é unha alternativa válida para a gran maioría das traballadoras á que se lles traslada o centro de traballo a 270 km do seu domicilio.

“Son 42 persoas, a inmensa maioría mulleres, o que provocará un agravamento do desemprego femenino , pois a dificultade de reinserción no mercado laboral para as traballadoras desta conserveira é grande” afirmou Daniel Castro, que tamén se referíu a situación do emprego na comarca, donde na última década se perderon mais de mil empregos directos, agravado recentemente polo peche de Vestas, tamén en Viveiro e a situación de incerteza en Alcoa.

Por todo esto, os nacionalistas instarán á Xunta e ás Consellerias de Economía, Industria e Innovación e a de Promoción do Emprego e Igualdade a que tomen parte na solucion deste conflito para conseguir a continuidade da actividade na fábrica de Celeiro e mantendo todos os postos de traballo.

Exit mobile version