Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG recolle a demanda de mantementos frecuentes e regulares nas estradas de Vieiro

Viveiro, 2 de xuño, 2022. Varios membros do BNG de Viveiro participaron este sábado no encontro “Cóntallo ti a Míriam Bermúdez” en Vieiro para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas e queixas que a veciñanza quixo trasladarlle a Míriam.

As veciñas e veciños que acudiron ao encontro, destacaron o mal estado das estradas da parroquia de Vieiro en xeral e en particular o estado da estrada coñecida como Chousa Vella, no lugar do Outeiro, que serve de comunicación entre Vieiro e as Pallaregas. Se todo Vieiro presenta falta de mantemento e atención, este tramo en particular “asusta” tal e como indicaron os veciños, con centos de fochancas onde xa se levantan até as pedras que serven de base para o asfalto.

A concelleira do BNG Míriam Bermúdez indica “a herba é a principal protagonista en Vieiro, cubrindo case a totalidade das estradas municipais da parroquia. Ao non se dispoñer dun mantemendo programando e axendado, cando se decidan a rozar e amañar os firmes das estradas, os arranxos suporán unha cuantía moito maior, incrementando en tempo e diñeiro os mantementos.”

Míriam recorda que “o BNG xa puxo a disposición do Concello un Plan de Mantemento de Estradas Municipais que inclúe mantemento, conservación e mellora das mesmas.” Rexeitouno o PSOE en pleno no seu día, pero Míriam Bermúdez invita á alcaldesa a “repensar a súa postura, abandonar a improvisación e aceptar que un mantemendo axeitado a tempo aforraría cartos ás arcas municipais e permitiríanos gozar dunhas estradas con xeito.”

Exit mobile version