Site icon Crónica3.com A Mariña

O Día Mundial dos Océanos celebrarase cun obradoiro no Museo Provincial do Mar

O 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos e queremos sumarnos ás reivindicacións sobre a conservación deste medio desde o Museo Provincial do Mar, convidándo a participar o sábado 11 de xuño no obradoiro “Océanos Poderosos”. Desde o Museo Provincial do Mar de San Cibrao queremos contribuír a crear conciencia da necesidade de coidar e revitalizar os nosos océanos que son fonte de vida e sustento de todos nós, proporcionándonos osíxeno, nutrientes, fortaleza económica e unha gran biodiversidade.

Exit mobile version