Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela perde contra o Xaén Paraíso Interior 1-6

Burela, 4 de xuño, 2022. O Pescados Rubén Burela, perde contra o Xaén Paraíso Interior 1-6 na xornada 30ª de primeira División RFEF. Os laranxas despídense de primeira división acumulando outra derrota contra un rival que se xogaba todo para entrar en postos de play off.

Notábase a tensión nesta última xornada de liga no partido, debido a que o Xaén sabía que tiña que saír a xogar e saíu a por todas. A pesar de que as primeiras chegadas foron do Burela, o Xaén ía adiantar no minuto 5 cun golazo de Carlitos, e dous minutos despois o mesmo, puido poñer o 2-0 cun disparo ao traveseiro.

Non ían tardar moito en aumentar a súa renda, porque no minuto 9 Petry anotaba o gol despois dunha gran xogada que os visitantes tanto estaban a buscar. A intensidade do Xaén non ía diluír, pois no minuto 12 seguían aumentando a súa vantaxe con gol de Alan Brandi, poñendo o 0-3 a un Burela que non estaba firme en defensa. O partido na última fase da primeira parte ía baixar revolucións, pero aínda así o Xaén ía anotar outra vez con Carlitos para irse ao descanso con vantaxe de 0-4.

A segunda parte comezaba cun Burela que parecía máis firme na pista, tendo a iniciativa e manexando o balón. A punto estivo de recortar distancias cun poderoso disparo de Wanderson.

Con todo este papel ía durar pouco, e pronto ía volver a dominar sobre a pista o Xaén o encontro, impoñendo o seu desexo de levar os tres puntos. Ían anotar dous goles simultáneos, un no minuto 27 por mediación de Dani Martín tras un malentendido na defensa laranxa, e a continuación un minuto despois o meta rival Henrique, anotada cun disparo que se envenenó o 0-6.

Na recta final do encontro, os laranxas despregaron todo o seu ataque para reducir distancias. Primeiro Rikelme avisaba cun disparo ao traveseiro de falta. Posteriormente no min 33 ía chegar o gol de Nito, despois de recibir a pracer unha asistencia maxistral de Isma.

Non obstante o dominio e a vantaxe dos visitantes era moi grande, e o partido finalizaría definitivamente co resultado de 1 a 6.

Ficha técnica

Jaen Paraíso Interior: Antonio Pérez, Attos, Alan Brandi , Míchel, Henrique-Cinco Inicial- , Carlitos, Mauricio, Aicardo, Dani Martín, Bruno Petry, Felipe Mancha e César.
Pescados Rubén Burela: Bruno, Lucho, Renato, David Pazos, Wanderson –cinco inicial- Isma, Iago Míguez, Pitero, Quintela, Nito, Rikelme e Kaluza.

Goles: Min 5 Carlitos 0-1; Min 9 Petry 0-2; Min 12 Alan Brandi 0-3; Min 18 Carlitos 0-4; Min 24 Dani Martín 0-5; Min 28 Henrique 0-6. Min 33 Nito 6-1;

Árbitros: GARCÍA-DOAS SALVADOR SIMON BENET OTERO MIRA DOVAL RODRÍGUEZ. Amarela a Michel.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 30ª de Primeira División RFEF. Disputado no Pavillón Vista Alegre.

Exit mobile version