Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz respalda as declaracións do alcalde, Fran Cajoto, e considera que o voceiro do PP, Javier Castiñeira vive instalado na mentira e no bulo

Foz, 30 de xuño, 2022. Dende o PSdeG-PSOE de Foz respaldan as declaracións do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e consideran que o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira vive instalado na mentira e no bulo.

Os feitos son que a Deputación de Lugo fai unha encomenda a Tragsa para o acondicionamento dos aparcadoiros do cemiterio e do colexio Fondo Nois, e que o voceiro do PP, Javier Jorge Castiñeira, pon un recurso xudicial para impugnar a adxudicación e que non se poidan executar ditas obras.- explica a secretaria de Organización do PSOE focense Maria Luisa Piñeira

Ante este feito, o alcalde de Foz, aféalle que boicotee no xulgado o arranxo de infraestruturas en Foz e de que poña os intereses do Partido Popular por diante do que é beneficioso para a veciñanza de.

Como non lle debeu gustar, ao Sr. Castiñeira, que se fixese público o do seu recurso xudicial a resposta que ofrece é disparatada e falsa. Tanto en prensa como en redes sociais primeiro faise a vítima, dicindo que o Alcalde Cajoto ataca “o seu honor persoal”; e desde cando é un ataque persoal denunciar algo que é certo?- pregúntase Maria Luisa Piñeira – si o recurso xudicial esta interposto. E logo, acusando ao alcalde de incumprir a lei ao contratar con Tragsa e recomendándolle que o contrate con outro medio e que o faga de forma legal; cando a realidade é que é a Deputación a que adxudica esta obra e así o reflicte a acta da Xunta de Goberno Local da Deputación de Lugo do 29 de abril.

Minte cando sabe perfectamente que nin Alcalde nin Concello encargaron ningún traballo a Tragsa, minte cando fala de incumprimentos da lei por parte do Concello e Deputación baseándose en sentencias que non son firmes e están recorridas, como se fosen firmes, minte sen ápice de vergonza e a sabiendas nun claro intento de terxiversar a realidade e manipular opinión dos veciños de Foz é facer política rastreira, tachar ao alcalde de ter “querencia pola demagoxia”, aos veciños e veciñas que confían nel de “palmeros” e acusar de facer “chambonadas “ao equipo de goberno; nas súas propias palabras Sr Castiñeira “define con claridade a quen os utiliza” que non é outro que vostede mesmo, déixese de poñer trabas a todo canto fai o goberno de Foz e recoñeza que o único “equivocado” é vostede – remata a Secretaria de Organización socialista.

Exit mobile version