Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da V Romaxe Viquinga O Vicedo

O Vicedo, 1 de xuño, 2022. Este xoves 2 de xuño ás 13h na Casa da Cultura de O Vicedo vai ter lugar a presentación oficial da V Romaxe Viquinga de O Vicedo, que se vai celebrar os días 29 e 30 de xullo de 2022.

Asistirán o Delegado territorial da Xunta en Lugo, D. Javier Arias Fouz, o Alcalde-Presidente do Concello de O Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez e a tenente de alcalde, Dª Pilar Otero Insua.

Ademais da presentación, anteriormente tamén haberá un acto cos nenos e nenas do Colexio de Primaria do Vicedo, onde se entregarán os premios do concurso de debuxo infantil Romaxe Viquinga 2022, no que participaron todos os nenos e nenas de Educación Primaria. Ademais dos premios para os dous primeiros de cada categoría, haberá agasallos para todos os participantes. Este acto será presidido polo alcalde presidente e contarase coa presencia de Marionetas Trécola, que actuarán tamén na Romaxe Viquinga.

Exit mobile version