Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto do remate a obra de acceso ao Mirador, que acondiciona o firme e mellora a seguridade en varios núcleos na parroquia de Os Remedios

O alcalde, Manuel Otero, e o concelleiro de Obras, José Otero, comprobaron esta mañá o avance dos traballos

Mondoñedo, 18 de xuño de 2022. O goberno municipal de Mondoñedo ten a mellora das infraestruturas en lugar especialmente destacado na súa folla de ruta. Nese sentido, está moi avanzada a obra de pavimentación con aglomerado en quente da pista que une o campo da Feira con Angüin. O alcalde, Manuel Otero, e o concelleiro responsable de obras, José Otero, visitaron a zona en obras para comprobar o seu avance e o resultado.

Esta pista, no seu arranque no campo da feira, convértese nunha rúa con beirarrúas (en total, oito metros). Nesta parte, inclúe alumeado público e saneamento.

Esta vía de comunicación ten continuidade dende Angüin ao Mirador. Neste tramo é un camiño, que agora se ve mellorado no pavimento, a base de zahorra, e pola limpeza que se fixo en todo este tramo.

O custo total, entre a adquisición dos terreos e as obras, será de aproximadamente 100.000 euros. A execución desta intervención é posible grazas a que está aprobado o PXOM (2016); repercutirá positivamente nos veciños de Carroceira e Curuxeiras, que usan a citada vía como acceso aos seus barrios dende Campo dos Paxariños. Ademais de gañar en comodidade, a reforma suporá máis seguridade vial.

Exit mobile version