Site icon Crónica3.com A Mariña

Renovada a cuberta do local social de Riocobo

Esta actuación pretende ser un incentivo para que novas iniciativas emprendedoras se podan establecer nesta instalación

Cervo, 17 de xuño de 2022. O Concello de Cervo está a renovar a cuberta do local social de Riocobo.

O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez, achegáronse ata a zona xunto para reunirse co pedáneo de Riocobo, Antonio Gallego, e proporcionarlle a información sobre o avance das obras que xa están en marcha.

O proxecto contempla a substitución da cuberta existente do Club Social de Riocobo, así como a colocación dun canelón perimetral e as baixantes necesarias para a correcta evacuación e funcionamento do mesmo.

O orzamento desta execución elévase ata os 48.350 euros, que estarán financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais, “froito da xestión rigorosa que se está a facer das contas públicas”.

O rexedor, Alfonso Villares, salientou que “coa renovación da cuberta desta instalación estamos a acondicionar un local, cedido pola asociación de veciños de Riocobo, que ten como fin promover o establecemento de futuras iniciativas emprendedoras”.

Esta actuación -engadiu- vai en consonancia coa liña do noso equipo de goberno de rehabilitar espazos para promover que os emprendedores locais “podan materializar as súas iniciativas a un custo reducido, como xa fixemos satisfactoriamente cos negocios establecidos nestes últimos anos no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos”.

Exit mobile version