Site icon Crónica3.com A Mariña

Segue o Plan de Formación no Rural do Concello de Ribadeo coa celebración do curso de xardinería na escola de Vilaframil

As 15 persoas inscritas aprenden de deseño de xardíns, sistemas de rego, especies de plantas e arbustos, abonos… O curso deu comezo ás catro da tarde e rematou ás oito deste sábado. Estivo impartido por Iván Prado. Ata a escola de Vilaframil  desprazáronse o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente e Obras, Jorge Díaz e Mónica Freire. Este curso, ao igual que o de cestería da fin de semana pasada, forman parte do Plan de Formación no Rural do Concello de Ribadeo, que deu comezo o ano pasado.

Exit mobile version