Site icon Crónica3.com A Mariña

Un home resulta ferido tras sufrir unha caída cando traballaba co seu tractor en Mondoñedo

Mondoñedo, 10 de xuño, 2022. Os servizos sanitarios evacuaron ao Hospital de Burela a un home que sufriu unha caída mentres traballaba co seu tractor en Mondoñedo.

Os feitos tiveron lugar poucos minutos antes das dez horas da pasada noite nunha leira particular no lugar do Arco, na parroquia de Masma.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos Bombeiros de Barreiros, o home caeu cando trataba de atar unha carga ao remolque do tractor e levou un forte golpe na cabeza.

Foi unha persoa particular quen chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para pedir axuda. Así, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento, os xestores do 112 pasaron aviso aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e tamén aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Exit mobile version