Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro celebrou este domingo o Corpus Christi na que os tapices florais embeleceron a vila tras dous anos limitada pola pandemia

Dende o Concello agradécese o traballo da Hermandad de Mujeres de la Santa Cruz de Viveiro na realización destes tapices florais. Un agradecemento que se estende a todas as persoas que colaboran coa organización, cuxo esforzo mantén viva a tradición dos tapices florais en Viveiro. Á misa do Corpus Christi, celebrada na igrexa de Santa María, acudiron o alcalde en funcións, Jesús Fernández; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; varios concelleiros da Corporación Municipal así como membros dos corpos e forzas de seguridade.

Exit mobile version