Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Amigos da Troula agradecen aos 160 participantes que se sumaron este domingo ao II Trail de Sargadelos e á Andaina

Cervo, 28 de xullo, 2022. A asociación Amigos da Troula queren agradecer aos 160 participantes que se sumaron este domingo ao II Trail de Sargadelos e á Andaina, e tamén a todas as persoas que dun xeito altruísta axudaron a sacar adiante o Festival de Sargadelos con gran éxito; tal e como constata a afluencia de público durante os concertos programados, nas sesións vermús, na foliada tradicional e tamén aos que degustaron as espetadas mouras ofrecidas no campos da festa. Foi unha edición, sen dúbida, para o recordo! Todo o traballo e o esforzo feito viuse tremendamente compensado pola resposta da xente.

Podio do Trail

Categoría masculina

1º Jonathan Fernández. De Pasa ou Entorna de Narón. Cun tempo de 45´18

2º David Pérez. De La Cerezal Team de Aller.

3º Bruno Deltorio . De Torrevertical V+ de Villar del Arzobispo

Categoría Feminina

1ª Carla Trillo. De Peña Lar Trail de Burela cun tempo de 57´03

2ª Romina Reimondo. De Trabada

3ª Tania García. Do Club Monteperarubia de Lugo.

Parabéns e grazas a todos/as os/as participantes que desfrutaron do patrimonio natural; dun percorrido marcado por sendeiros e tramos de monte dunha beleza singular. O paseo dos namorados, o Camiño Real e a ruta dos muíños son varias das localizacións por onde discorreu a carreira de 11 km de percorrido.

Exit mobile version