Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Veciños agarda que o pleno de O Valadouro aprobe a permuta dun camiño na parroquia de Moucide

O Valadouro, 4 de xullo, 2022. Este xoves día 7 de xullo, o Concello de O Valadouro levara a pleno a permuta dun camiño na parroquia de Moucide.

Esta asociación leva anos loitando para que se cambie o trazado deste camiño, pois atravesa polo medio dun parque infantil e unha área recreativa coa perigrosidade que iso conleva.

O novo trazado sería polo fondo da mesma finca deixando así libre de circulación e perigo sen supoñer molestia algunha para os veciños.

Esta asociación espera e desexa que os edís da corporación municipal voten a favor desta permuta, pois confiamos que deixen aparte posibles rivalidades políticas e pensen na seguridade das persoas.

Exit mobile version