Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión de festas de Ribadeo organiza o primeiro ‘Pancha Festival’, ca orquestra Panorama, o venres 22 de Xullo

Ribadeo, 2 de xullo, 2022. A Comisión de festas de Ribadeo, xunto con Espectáculos Pico, organiza o primeiro Pancha Festival coa Panorama como cabeza de cartel e os DJ Marcos Peón e David Expósito. Será o venres 22 de Xullo no aparcamento de camións ao carón do IES de Ribadeo. As portas abriranse as 22:00. O prezo da entrada anticipada será de 10€ e 12€ na taquilla. Haberá puntos de venda en varias vilas da Mariña e occidente asturiano que serán anunciados nos próximos días nas redes sociais.

A comisión quere agradecer a axuda das institucións como a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo a nivel económico e tamén no loxístico este último. “ Observamos que quedaba un baleiro importante na zona dun gran evento deste tipo durante o verán e, coa axuda inestimable de Pico, decidimos ser ambiciosos e organizalo nós. Pode ser ademais unha axuda moi importante para a vila polo volume de xente e para as festas patronais de Ribadeo”, afirmou o presidente da comisión, Martín Graña.

Nos próximos días iranse anunciando máis novidades a través das redes sociais da Comisión de festas de Ribadeo.

Exit mobile version