Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora coa posta en valor da Merluza do Pincho de Celeiro na súa festa anual

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas participou nesta cita, que promocionan a riqueza gastronómica da comarca da Mariña e de toda a provincia

Lugo, 16 de xullo de 2022. Viveiro celebrou este sábado unha nova edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro co apoio da Deputación de Lugo. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita xunto á Alcaldesa e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro.

A institución provincial achega 3.000€ para este evento, celebrado na carpa instalada polo Concello viveirense para acoller a todas as persoas que quixeron probar o produto. A Asociación Cultural e Deportiva Penalba, xunto ao Concello de Viveiro, é a encargada de organizar esta festa, que contribúe a promocionar a riqueza gastronómica da comarca da Mariña e do conxunto da provincia.

A xornada, declarada de Interese Turístico de Galicia, enxalza a Merluza do Pincho de Celeiro a través das nove preparacións ofrecidas nesta edición: Especial Penalba, en salsa verde, á galega, en salpicón, en caldeirada, en empanada, en pizza e chilindrines, uns snaks de merluza que foron a novidade.

A Deputada de Economía e Facenda felicitou á asociación organizadora, ao Concello e aos 60 voluntarios que participaron na preparación e reparto dos pratos, e destacou a importancia desta cita e da merluza, “un produto que crea emprego, que dinamiza a economía e que permite fixar e atraer poboación”.

Exit mobile version