Site icon Crónica3.com A Mariña

Cun acto no Gran Teatro, comezou este venres o VII Ribadeo Indiano

Interviron o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, o presidente en funcións de Acisa, Francisco Iriarte, e a pregoeira desta edición, Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega. Ducias de persoas asistiron a este acto ao que lle seguiu o pregón e unha actuación musical. Despois tivo lugar a baixada ao peirao de Porcillán, onde actuou a Banda Municipal. Houbo animación teatral e xa na vila diferentes intervencións musicais nas escaleiras de Martínez, no Patín e na Fonte dos Catro Canos. Oola noite seguiu a música no quiosco do Campo de San Francisco.

Exit mobile version