Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega agradeceu o traballo da comisión organizadora das festas do Carmen durante a súa presentación

Vega destaca “o importante traballo da comisión” que supón “moitas xestións e moitas horas de reunións”. E explica que “o Grupo Municipal Popular quixo colaborar e conseguimos orzamento para traer a Ribadeo artistas galegos recoñecidos tamén no conxunto do mapa español como é Lucía Pérez”. O seu concerto, patrocinado polo Xacobeo 21-22, terá lugar este sábado 16 de xullo a partir das doce da noite no porto deportivo de Porcillán. “Coa achega da Xunta de Galicia, a asociación organizadora dos festexos poden cubrir gastos para a cartelería ou a contratación de grupos musicais coma o grupo de gaitas Illa Pancha”, engade.

Exit mobile version