Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega destaca o traballo dun grupo de mozas e mozos que se organizaron para volver celebrar as festas de Vilela despois de 26 anos

Os veciños poderán así festexar a Virxe do Carme e darlle un valor engadido á festa: xuntarse arredor da mesa e degustar os produtos galegos. O Grupo Municipal Popular quixo colaborar no que lles pediron e conseguiron o apoio da Xunta de Galicia para financiar algunhas das súas necesidades para celebrar esta festa. Vega defende “a colaboración e o apoio á xente, estando ao seu carón naquilo que precisan. Recuperar unha festa para que todos os veciños se xunten tamén é un paso importante para traballar a favor de Ribadeo”.

Exit mobile version