Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous novos desfibriladores para seguir avanzando nun Foz cardioprotexido

Foz, 25 de xullo de 2022. A concelleira de Sanidade do Concello de Foz, Katherina Alonso Machado, informa da adquisición a semana pasada de dous novos desfibriladores e explica que “estes novos dispositivos súmanse aos anteriores adquiridos polo goberno de Fran Cajoto avanzando nun Foz cardioprotexido”.

Katherina Alonso engade que “tanto estes novos desfibriladores, marca Mindray DEA, coma os xa existentes, están actualizados e poderán localizarse na app Urxencias Sanitarias 061 Galicia”.

A concelleira de Sanidade de Foz remata comentando que “é moi importante fortalecer a protección sanitaria; e máis nun concello como Foz, que en tempada estival incrementa considerablemente a poboación.”

Exit mobile version