Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous títulos autonómicos pechan un curso espectacular do Maderas Barcia Lourenzá

Lourenzá, 4 de xullo, 2022. Pechouse este pasado sábado en Elviña (A Coruña) a actuación do Maderas Barcia no Autonómico Sub16 con 2 títulos máis.

Iria Rguez. Ares, gañaba o 1000 lisos con 3,09,08. Segunda entraba Eva Rouco do Lucus e terceira iria Solera da Purísima de Ourense.

Julia Fdez. Castro impoñíase tamén nos 300 lisos con 42,04. Irene Serantes do Marineda era prata (42,63) e en terceiro lugar Lua Arufe (Noia con 43,29).

Ademais contaron coa participación de Sara Lecumberri que obtiña unha meritoria 4ª praza en obstáulos, Henar Méndez 8ª nos obstáculos, e Lourdes García que remataba 7ª en combinadas.

Agora tanto Julia Fernández como Iria Rogríguez farán a preinscrición para o de España por encontrarse moi preto da marca mínima.

Exit mobile version