Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas foron trasladadas despois de producirse unha explosión no peirao de Porcillán, en Ribadeo

Ribadeo, 28 de xullo, 2022. As dúas persoas afectadas foron evacuadas ao Hospital da Mariña.

A explosión produciuse, posiblemente, ao estalar o compresor de recheo das bombonas dos mergulladores nunha nave, á altura do porto deportivo.

O suceso ocorreu uns minutos despois das 16:00 horas.

Nese momento, varias persoas particulares alertaban ao 112 Galicia de que escoitaran un estrondo moi forte nas proximidades do club náutico da localidade. Engadían que vían saír fume pero non lapas por mor da explosión.

Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, da Policía Local, da Garda Civil e das autoridades de Portos de Galicia.

Exit mobile version