Site icon Crónica3.com A Mariña

Eloy de Pablos xogará cedido no Pescados Rubén Burela

Burela, 22 de xullo de 2022. Pescados Rubén Burela e Movistar Inter acordan a cesión de Eloy de Pablos por un ano. O ala segoviano xogará nesa condición no novo proxecto do conxunto mariñán en Segunda División.

Eloy de Pablos é un xogador moi novo (2002) que foi convocado coa selección Española sub-19, e posteriormente pola selección Española sub 21. O xogador mostrou unha progresión co seu nivel que fixo que a selección contase con el nestas ocasións. É un dos canteiráns con máis importancia no panorama nacional.

O segoviano foi formando nas categorías inferiores do San Cristóbal, e con apenas 15 anos incorporouse ás filas do Movistar Inter, competindo ao máximo nivel e sendo fundamental no filial interista. O xogador do filiar do Movistar ínter FS B amosou o seu nivel dende a incorporación ao equipo.

O á zurdo debutou en Primeira División con tan só 18 anos, debutou baixo o equipo que estaba comandado por Tino Pérez, gozando moitos minutos nunha plantilla de moita esixencia que sempre compite por levar todos os títulos.

Ten todas as condicións de ser un xogador relevante na próxima campaña do equipo mariñán.

Exit mobile version