Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres terá lugar en Ribadeo unha xornada de Networking

Ribadeo, 27 de xullo de 2022. O venres 29 de xullo terá lugar en Ribadeo unha xornada de Networking na que estará o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde, Dani Vega e varios membros do grupo municipal popular. O obxectivo é reactivar a economía do municipio a través da creación de emprego para os máis mozos. Ademais, haberá unha explicación dun mapa axudas que terán as empresas para o 2022 e para futuros anos.

Desde o inicio do mandato, o Grupo Municipal de Ribadeo leva traballando con distintas propostas para activar a economía do municipio, pois apóstase pola creación de empresas que se traduce a súa vez en emprego para os máis mozos. O voceiro do PP de Ribadeo, Dani Vega asegura: “grazas as distintas iniciativas da Xunta de Galicia os mozos e mozas de Ribadeo xa non van ter que marchar para atopar unha saída laboral”.

Unha das intervencións máis destacadas será a escoita de experiencias empresarias, concretamente a dun grupo de mozos e mozas que decidiron emprender un proxecto empresarial en Ribadeo baixo o nome de NIGAL. Nesta ponencia contarán a súa experiencia e cómo se veron beneficiados das distintas axudas da Xunta de Galicia.

Aposta pola formación

O Grupo municipal de Ribadeo aposta pola formación profesional como camiño para a creación de emprego entre os máis mozos, por iso, asináronse nos últimos varios convenios en distintas materias.

No sector forestal existe un curso de Formación Profesional no Centro de Ensinanza Pedro Murias que facilita tanto o aprendizaxe como a saída laboral no ámbito agroforestal. Por outra banda, o convenio que se mantén con Astilleros Gondán é un exemplo desta aposta pola ensinanza xa que grazas a este acordo os máis novos poden acudir ao CIFP Porta de Auga para especializarse na construcción de barcos de fibra.

Plataforma DoingBusiness

O popular Dani Vega di: “Se observamos o polígono industrial creemos que desde o noso grupo municipal trasladamos moitas propostas que son positivas. O concello únese a DoingBusiness, un espazo no que se fala de rebaixa fiscal, baixada de impostos, asesoramento técnico e directo ás empresas cun único fin que é o asentamento do polígono”.

Finalmente, Dani explica que dende o PP de Ribadeo “propuxéronse numerosas propostas que o BNG copiou, pero o máis importante é que o polígono teña futuro e que o noso municipio foi o beneficiado de todas estas iniciativas”.

Exit mobile version