Site icon Crónica3.com A Mariña

Fran Cajoto supervisou as obras de acondicionamento do estacionamento do cemiterio municipal de Foz

Foz, 20 de xullo de 2022. O alcalde focego, Fran Cajoto, supervisou as obras de acondicionamento do estacionamento do cemiterio municipal de Foz, encargadas pola Deputación de Lugo a Tragsa xunto ás obras de perfilado e extensión de zahorra no estacionamento do colexio Fondo Nois por 37.000 euros.

Fran Cajoto agradece á Deputación “a colaboración fluída que existe co Concello de Foz. Queriamos completar o gran investimento que estamos a facer na urbanización completa de Costa de Castro froito do convenio que asinamos no seu día. Buscamos financiamento para o arranxo e pavimentación do estacionamento en Costa do Castro e xurdiu esta posibilidade, que se completou co arranxo do aparcamento en Fondo Nois”.

O rexedor municipal engade que “son obras moi necesarias, que se están a facer a pesar do intento de parálise que fixo o voceiro popular local, denunciando na xustiza a encarga que fixo a Deputación de Lugo a Tragsa. Seguimos avanzando”.

Exit mobile version