Site icon Crónica3.com A Mariña

Isma continúa no Pescados Rubén

Burela, 21 de xullo, 2022. O xogador con orixe da Fonsagrada, seguirá no clube mariñán a seguinte tempada. É un xogador cun papel moi importante no equipo. Na recente tempada finalizada en primeira división, xogou todos os partidos e anotou seis dianas.

O peche demostrou ser un xogador moi válido e con moi boas características, que sempre tivo protagonismo no xogo do equipo. O seu desempeño e traballo na tempada anterior foi destacado, ofrecéndolle moitas cousas positivas ao conxunto laranxa.

No proxecto de segunda división, Isma ten un valor clave, debido a que é unha peza transcendental para o xogo do combinado mariñán e en conseguinte, para que se cumpran os obxectivos do clube.

É un xogador que vai aportar un rendemento e calidade esenciais na tempada que se presenta, e será moi importante no desempeño do equipo.

Exit mobile version