Site icon Crónica3.com A Mariña

Kaluza renova co Pescados Rubén Burela

Burela, 20 de xullo, 2022. O meta polaco foi renovado ata 2023 e será unha peza moi importante no proxecto do equipo da próxima campaña en segunda división.

O porteiro demostrou ao longo da tempada anterior calidade e seguridade baixo paus. Realizou intervencións clave en partidos importantes, e foi unha garantía en moitos partidos na portería. En definitiva, o porteiro polaco ensinounos un gran nivel e rendemento na tempada recentemente finalizada.

Vai ser fundamental na súa posición a seguinte tempada en segunda división, na cal os laranxas terán a portería ben cuberta.

Kaluza, será unha peza crucial na tempada 22-23 co seu xa demostrado alto nivel, que será de gran axuda para que o club consiga as súas metas.

Exit mobile version