Site icon Crónica3.com A Mariña

Ledicia organiza un obradoiro de iniciación á regueifa

Burela, 1 de xullo, 2022. A Sociedade Cultural Ledicia de Burela, realizará durante o verán un obradoiro de iniciación á regueifa, aberto a toda persoa interesada, socia ou non da asociación e sen límite de idade.

Estará conducido por Cristian Gómez Mesa a través do proxecto Non perdas o norte. As datas de realización son dende o 11/12 de xullo ate o 27/28 de agosto con horario por determinar, dependendo do interés das persoas participantes; pero en principio un grupo de mañá e outro de tarde.

Custe: 15 € para soci@s e 20€ para non soci@s (1 hora á semana).

Para mais información, e para anotarse: Teléfonos de contacto: 616 99 50 97 (Rocío) 617 31 30 70 (Cristian) Mail: lediciascr@gmail.com

Exit mobile version