Site icon Crónica3.com A Mariña

Nito renova co Pescados Rubén Burela

Burela, 19 de xullo, 2022. O canteirán burelés acorda co clube a súa renovación ata 2024 e con isto forma parte do proxecto do equipo para afrontar a campaña vindeira en segunda división.

Nito, amosou ser un xogador xoven de moita categoría, pois é destacable recordar que foi Internacional Sub-19 con España e non soamente iso, xa que se converteu en Campión de Europa Sub-19.

O á-peche tivo minutos moi bos na tempada pasada en primeira, que lle serviron para forxarse como xogador e adquirir experiencia na máis alta competición. Segundo datos oficiais, Nito xogou 15 partidos en primeira e chegou a inaugurar o seu marcador persoal cun gol. O clube confía no xogador para que realice un bo desempeño na próxima tempada.
Encomendarase as ordes de David Rial, que tentará sacarlle o máximo rendemento. O xoven xogador burelés, produto das categorías inferiores do club, co seu esforzo, traballo e atrevemento, seguro que vai axudar á plantilla para alcanzar os seus obxectivos.

Exit mobile version