Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 no Concello de Foz, Carlos García, recibiu a visita de representantes de Radiofusión, das emisoras municipais galegas, nun encontro que tivo lugar nas instalacións da radio municipal focega coa presenza de Anxo Rivas

Nesta xuntanza Radiofusión presentou o proxecto Onda ODS, que ten que ver coa difusión en podcast de contidos sobre cambio climático, igualdade de xénero, despoboamento rural, turismo sustentable e moitos outros eidos que conflúen na divulgación dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 marcada pola ONU.

Exit mobile version