Site icon Crónica3.com A Mariña

O GDR Terras de Miranda promociona o producto local a través dunha exhibición de “Cociña en directo” en Ribadeo

A acción “Cociña en directo” está enmarcada nun proxecto piloto liderado polo GDR Terras de Miranda, apoiado pola Xunta e realizarase co apoio do Concello de Ribadeo

Ribadeo, 22 de xullo, 2022. Promover o produto local é un dos obxectivos principais de Cociña en directo, un
evento enmarcado dentro dun proxecto piloto deseñado polo GDR Terras de Miranda e a Asociación de produtores de horta A Sucadoira. A acción terá lugar na Praza de Abastos de Ribadeo o día 24 de xullo ás 12 horas e contará co respaldo da Xunta de Galicia e a presenza do Concello de Ribadeo.

Ribadenses e visitantes poderán gozar dunha demostración gastronómica con produto local a cargo dos cociñeiros Felipe F. Barcia da Horta de San Roque e Mar Orosa de Bar Oviedo, da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo. As receitas realizaranse en directo e exclusivamente con ingredientes procedentes da zona. Contarase con verduras e hortalizas cedidas pola Sucadoira, peixe fresco da confraría de Burela e tenreira D.O.
carne de Rubiaa Galega.

Proxecto piloto
Planificar e realizar diferentes accións encamiñadas a poñer en auxe o valor e a promoción dos produtos locais foi o obxectivo principal do proxecto realizado por Terras de Miranda e A Sucadoira. Grazas a el, durante os últimos meses elaborouse un estudo e análise sobre a produción de produtos na horta onde se analizaron as
diferentes tipoloxías de produtores, a produción total anual e os seus excedentes e a relación de posibles beneficiarios.

Con isto, deseñáronse, planificaron e puxeron en marcha diferentes accións de sensibilización e coñecemento sobre o produto de proximidade e km0 en diferentes centros de ensino.

Exit mobile version