Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Trabada destaca a achega da Xunta de 70.000€ para unha pista multideporte no CEIP Plurilingüe Celso Currás

O portavoz popular, José María Fernández, pon en valor “o compromiso da Xunta co noso municipio”

Trabada, 22 de xullo de 2022. O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, destaca “un novo investimento da Xunta no noso termo municipal”. Trátase dunha axuda que a Xunta vén de conceder ao Concello por importe de máis de 70.000 euros para a execución dunha pista multideporte no CEIP Plurilingüe Celso Currás.

O popular agradece “o compromiso con Trabada por parte da Xunta de Galicia” que ten vén a ofrecer unha alternativa que permita a práctica deportiva no municipio, despois da “chapuza do goberno municipal co campo de fútbol e a pista de pádel” debido á súa “incompetencia”.

Fernández explica que “a administración autonómica leva investido no noso concello durante este ano preto de 636.000 euros”. Deste xeito, “fronte ás constantes acusacións da alcaldesa socialista, a Xunta demostra a súa implicación co municipio achegando orzamento para diversas actuacións”.

A Xunta leva aportado no que vai de ano 162.000 euros para sufragar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e 156.000 euros dentro do Fondo de Compensación Ambiental. Entre outras achegas, a Xunta dirixe preto de 55.000 euros para a mellora de camiños municipais, 30.000 euros para a mellora do acceso entre o aparcamento de autocaravanas e a área da Choza, 20.000 para a mellora da fachada da Casa do Concello dentro da liña de actuación contra o impacto paisaxístico, 15.000 euros para a mellora e embelecemento do entorno do Camiño de Santiago entre Trabada e Porta do Malle.

E, por poñer algúns exemplos, en materia de emprego, “a Xunta achega ao Concello de Trabada 14.000 euros para a contratación dun traballador perceptor de RISGA para realizar tarefas de prevención de incendios, máis de 12.800 euros para a contratación dunha brigada contra incendios e máis de 6.000 para a contratación de dous socorristas.

Exit mobile version