Site icon Crónica3.com A Mariña

OPP Burela e Paradores presentan en Compostela unha nova edición de “Orixe & Destino Galicia”

Burela, 4 de xullo de 2022. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e Paradores presentan este venres 15 de xullo unha nova edición da súa campaña “Orixe & Destino Galicia”, que terá lugar no Parador de Santiago de Compostela Hostal dos Reis Católicos ás 12:00h.

Trátase do cuarto ano consecutivo no que OPP-7 Burela, en colaboración coa rede de Paradores de Turismo de España, lanza esta iniciativa que combina a gastronomía, a calidade do produto pesqueiro de Burela e a importancia da Orixe e o Destino Galicia, vinculado sempre coas diferentes rutas do Camiño de Santiago, especialmente este ano ao coincidir de novo con “Ano Xacobeo”.

No acto, que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos, intervirán Sergio López, xerente de OPP-7; Santiago Carrera, director do Parador de Santiago de Compostela; Miguel Neira, xerente de Armadores de Burela; e o Director Xeral de Pesca de Galicia, Antonio Basanta.

Ao finalizar a presentación terá lugar unha degustación con receitas de Pescada do Pincho de Burela, produto estrela da lonxa de Burela e que será de novo a protagonista desta campaña.

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

Exit mobile version