Site icon Crónica3.com A Mariña

Pitero seguirá na plantilla do Pescados Rubén Burela

Burela, 26 de xullo, 2022. O Pescados Rubén anuncia a continuidade doutro xogador da casa para a tempada 22-23. Christian Rivas García, Pitero, seguirá defendendo a camiseta laranxa outro ano máis, nun clube no que leva xogando desde as categorías inferiores. Este clube xa se converteu no seu fogar.

O pívot burelés desde a súa incorporación ao primeiro equipo na tempada 17/18, converteuse nun xogador que ofrece moito na cancha. É un xogador novo cunhas condicións magníficas. Dá moito xogo na área contraria, aguantando o balón e xerando oportunidades de gol para o equipo.

É outra peza que encaixa na escuadra mariñá, porque pode ofrecer esas características concretas en ataque. A tempada seguinte en segunda división, é moi boa oportunidade para que o pívot faga un bo desempeño e se converta nun xogador importante no ataque do equipo adestrado por David Rial.

Pitero súmase á lista de xogadores anunciados e o equipo xa vai tomando forma.

Exit mobile version