Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado arranca o Festival de Sargadelos que terá como prato forte a King África

Ademais, haberá gastronomía -serviranse espetadas mouras, deporte -co trail e andaina programados para o domingo-; e moita máis música e sorpresas

Cervo, 23 de xullo, 2022. O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina, que partirán ás 9:00 horas e ás 9:30 horas, respectivamente. Está aberta a inscrición no enlace https://ccnorte.com/…/id/2371/ii-trail-de-sargadelos-2022.

A continuación, todas as persoas visitantes poderán degustar espetadas mouras no campo da festa; e xa pola tarde, desde as 18:00 horas, dará comezo o festival propiamente dito da man de XMaseda65, para seguir con @cachas & cousins, Joni Ramos & Sunday Morning Club, Gin Toni´s e rematar coa guinda do pastel: King África. A continuación amenizará a Disco Móvil Conxuro.

Xa na xornada do luns, a sesión vermú correrá a cargo do grupo JB Son.

Villares quixo felicitar “a este grupo de mozos polo esforzo realizado para sacar adiante este festival que se fusiona á perfección coa contorna excepcional de Sargadelos no que se desenvolve; e convidou a veciños e visitantes a desfrutar dunha fin de semana única repleta de actividades para desfrutar en familia en con amigos”

Exit mobile version