Site icon Crónica3.com A Mariña

Rikelme segue na disciplina laranxa

Burela, 27 de xullo, 2022. O Pescados Rubén Burela FS segue confiando no brasileiro Rikelme Alves Ribeira (Campo Grande, 2002) como peza de ataque do equipo laranxa. Cabe lembrar que o á zurdo, de tan só 20 anos, foi un dos dos máximos artilleiros da liga do seu país co Juventude AG.

É certo que a tempada pasada Rikelme non puido demostrar todo o seu potencial, pois é complicado o proceso de adaptación vindo doutro país e fóra da súa casa. Nas súas actuacións demostrou boas condicións e características.

Desde o clube esperamos que Rikelme se integre definitivamente na escuadra laranxa na tempada 22-23, e é unha oportunidade magnífica para que o xogador explote e demostre toda a súa calidade e capacidade goleadora.

O conxunto mariñán suma no seu novo proxecto a este novísimo xogador que en todos os seus partidos quere axudar ao equipo, ofrecendo traballo e loita.

Exit mobile version