Site icon Crónica3.com A Mariña

Santiago González Villares, do Iadovi, campión de España en tiro con arco na modalidade de Campo

Cervo, 3 de xullo, 2022. Esta fin de semana celebrouse en Villacastin (Segovia) o Campionato de España de tiro con arco na modalidade de Campo.

O arqueiro do Iadovi, Santiago González Villares, que destacou na división de arco espido, foi tal a súa progresión técnica que quedara en cuarta posición da rolda clasificatoria, batendo o seu récord persoal de 318 puntos obtidos o pasado 19 de marzo no segundo encontro de liga RFETA de Campo, celebrado en Navaluenga (Ávila) no que finalizaba en terceiro posto. Agora con oito puntos mais sitúa o seu listón persoal nos 326 puntos.

Iniciados os pool eliminatorios, o seu primeiro adversario foi o catalán, Daniel Romero Pérez, ao cal vencía por 79 a 66 puntos. O segundo encontro desputouno contra o balear Juan Pedro Álvarez Andrés, a quen vencía por 75 a 71 puntos, o que lle daba o pase ás semifinais.

Xa en semifinais atopábase co seu vello coñecido e actual campión de Europa, o Balear César Beira Bringas, ao cal apeaba da competición con 50 puntos contra 47, o que lle valeu para pasar a disputar a final contra o madrileño Juan José Ibañez do Saz, unha final moi apertada na que lograba unha vantaxe de tan só dous puntos que mantivo ata finalizar o encontro sendo proclamado campión de España cun resultado de 50 a 48 puntos.

Con este novo titulo, sumado ao seu anterior subcampeonato de España de 3d en bosque deste mesmo ano, e ao bronce de 3D indoor da tempada anterior, Santi atópase pletórico e con ganas de afrontar as próximas xornadas para o clasificatorio do campionato de Europa que se celebrará no campo de San Sebastián da RFETA en Madrid en data próximas, así como o próximo campionato galego que se selebrara en pontevedra o 16 e 7 do presente mes.

Exit mobile version