Site icon Crónica3.com A Mariña

Santiago González Villares, “Sargadelos”, do Iadovi, campión galego de arco espido

Cervo, 17 de xullo, 2022. Este sábado nas instalacións do Club Boa Vila de Pontevedra, celebrouse o Campionato Galego de tiro con arco de aire libre, o representante de Iadovi Santiago González Villares, “Sargadelos”, non defraudou, volveu coroarse como campión galego na súa especialidade de arco espido.

Con este novo triunfo afiánzase aínda máis como élite do tiro con arco galego. Finalizaba encabezando a serie clasificatoria con 614 puntos, conseguiu en 15 ocasións estrelar as súas frechas na máxima puntuacion. O segundo clasificado conseguía 572 puntos, Luís Miguel Suárez do club Lumelar.

Xa nos sets eliminatorios foi demostrando aos poucos a súa superioridade técnica, no seu primeiro encontro eliminaba ao seu opoñente por un cómodo 6 a 0 en puntos de set, en semifinais contra José Manuel Fernández Oubel, do club anfitrión, lograba 6 a 2 en puntos de set, a final foi moi apretada contra Manuel Costal Giralde, xa que chegaba ao empate a sets 5-5, logrando a vitoria por unha frecha de desempate, o temido shoot of, a frecha máis próxima ao centro da Diana daría a vitoria, alzándose ao final coa merecida medalla de ouro.

Exit mobile version