Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo Mércores de Natureza no Vicedo

Está aberto o prazo para anotarse no segundo mércores de natureza do verán. Nesta ocasión trátase dunha subida ao Río Sor, que parte do porto do Vicedo ás 11h para cruzar a Ría, pasar fronte ao pobo do Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de S. Martiño, Área Recreativa de Ribeiras do Sor e Ponte sobre o Sor. A ruta ten unha duración dunhas 2 horas e o regreso será en vehículos da empresa que organiza a actividade. Prezo: 17€/persoa.

Exit mobile version