Site icon Crónica3.com A Mariña

Semana da patria de Galiza Nova en Viveiro

Viveiro, 20 de xullo, 2022 . Con motivo da Semana da Patria, a organización xuvenil Galiza Nova despregou esta mañá de mércores a estreleira no Monte San Roque coa colaboración de militantes e simpatizantes de Viveiro e do resto da Mariña. Esta actividade vense desenvolvendo todos os anos por estas datas e cambia de localización para ir mostrando as diferentes paisaxes da comarca.

O Monte San Roque e a estreleira
Viveiro foi o concello elixido este ano, tal e como dixo a responsable comarcal de Galiza Nova Pilar Vázquez, “para mostrar solidaridade coa xente da vila que, dende finais do 2021, non para de recibir malas novas se temos en conta o peche de Vestas e agora coa mesma tentativa por parte de Conservas Albo. Esta é unha bandeira solidaria que estará sempre do lado da clase traballadora e como tal, este ano tiña que despregarse aquí”.

Día da Patria
Así mesmo dende o BNG e dende Galiza Nova chaman a mobilizarse o 25 de xullo en Compostela na manifestación nacional que sairá ás 12 dende a Alameda. Dende a comarca poñeranse autobuses e haberá que anotarse no 982 140 654 ou por correo electrónico en amarinha@bng.gal ata o venres 22.

Exit mobile version