José Tomé participou este luns na cidade portuguesa de Maia na reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico
O mandatario provincial destacou a importancia de continuar desenvolvendo no marco do Eixo Atlántico accións encamiñadas a favorecer a cohesión social, “algo imprescindible para fixar poboación no territorio e facer fronte ao reto demográfico”. Neste sentido, o Presidente puxo en valor iniciativas que impulsa a Deputación de Lugo, como o modelo de centros de atención a persoas maiores, que “garante o benestar dos usuarios e das súas familias, favorece o arraigo e, ao mesmo tempo, ten un retorno económico e crea emprego”.
Na Comisión Executiva celebrada hoxe acordouse celebrar a próxima reunión deste órgano o día 28 de novembro, na cidade de Lugo, un encontro onde o Eixo decidirá a localización da vindeira Asemblea Xeral.