Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa faleceu ao bater o coche no que circulaba contra un camión en Cervo

Cervo, 22 de xullo, 2022. O accidente produciuse no punto quilométrico 52, da N-642, uns minutos despois das 08:00 horas desta mañá.

A esa hora, varias persoas particulares alertaron do accidente ao 112 Galicia. Segundo indicaban, o condutor do camión puidera saír do vehículo polos seus propios medios. Sen embargo, engadían, que a persoa que circulaba no turismo estaba atrapada.

Axiña, con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Cervo, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

Exit mobile version